Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Comeza a veda da centola

centola rogelio santos
Foto dunhas centolas de Rogelio Santos Queiruga
Comeza a veda da centola

Xa sabes, se a partir de agora vas a un restaurante ou a unha tenda e che din que ten centola de Galicia pode pasar dúas cousas: ou é mentira, ou é furtiva.

Porque hoxe sásado 24 de xuño comeza a veda da centola no litoral de Galicia, e prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro no caso das provincias da Coruña e Pontevedra -desde A Guarda ata cabo Corrubedo e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares- e ata o 26 de novembro no caso da provincia de Lugo, entre estaca de Bares e o río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro.

Mentres, a veda do boi comezará o vindeiro 2 de setembro e prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro, de acordo coa resolución pola que se aproba o plan de xestión das dúas especies para a campaña 2023-2024.


Nestes períodos queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calamento no momento en que comece a correspondente veda e levalas a porto.
A veda é unha das medidas que contribúen a aumentar a biomasa e a regular as pesqueiras da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida das
especies e así protexer a súa reprodución e favorecer unha explotación máis sustentable de ambos recursos.

Comentarios