Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Compra na Costa: A FECOM salta á rede para fomentar o consumo comarcal

Compra na Costa: A FECOM salta á rede para fomentar o consumo comarcal
Compranacosta

Xa non queda nada para que se poña en marcha o novo proxecto da Federación de Empresarios da Costa da Morte (FECOM). Un proxecto que nace na rede, e que nace co obxectivo de poñer a Costa da Morte no lugar que lle corresponde, potenciando o comercio de proximidade, tanto das súas empresas como entre as súas xentes.

Compranacosta.com é portal de anuncios por palabras da Costa da Morte, onde tamén poderás atopar ofertas e descontos das nosas empresas.
Unha ferramenta para tecer redes de consumo comarcal, para que os veciños de Cee coñezan os produtos que poden atopar en Zas, para que as xentes de Ponteceso saiban que comercios hai en Fisterra.

Coa axuda económica da Xunta o desenvolvemento técnico da carballesa Abertal, este proxecto necesita da implicación do sector empresarial e da veciñanza, aportando os contidos e o tráfico necesita para estar viva. O punto de encontro para mercar ou vender algo na nosa bisbarra.

Presentación

A FECOM presentará o porta o vindeiro martes 7 de outubro ás 20:00h na sede da FECOM en Baio (Rúa Obispo Romero Lema, Ed.empresarial, portal A).
Neste acto, ademais da presentación do proxecto, realizarase unha auditoría da presenza en internet das empresas de Baio que asistan ao acto, dando resposta ás preguntas que máis lle preocupan aos comerciantes: como vender por internet? estouno facendo ben?

Compranacosta.com, gañamos todos!

Máis información

Fonte

Comentarios