Contramínate e Petón de Lobo protestan pola praga de aprobacións das DIA de ducias de proxectos eólicos
O 24 de xaneiro caducan, segundo normaltiva estatal, os dereitos de conexión á rede eléctrica dos parques eólicos que estean en tramitación pero non teñan aprobada a Declaración de Impacto Ambiental. Corren o risco as empresas de perder os avais bancarios e certos investimentos.
Por iso o DOG mete medo estes días. A Xunta está facendo de facilitadora e está axilizando, como nunca, os trámites para as empresas, publicando as Declaracións de Impacto Ambiental de 15 proxectos eólicos cada día.
Así o denunciaron dende o colectivo Aldeas Libres de Macrorenovables, das que forman parte as entidades costeiras Petón do Lobo e Contraminacción, ademais de outros como SOS Patrimonio Monte do Gato, e outras asociacións pola preservación dos montes galegos e contra as estacións eólicas.
As entidades avisaron de que van estudian iniciar accións penais contra a Xunta e as empresas.
Entre as DIA aprobadas, atopamos xa ao do proxecto do Monte Neme, que dá absolutamente todo favorable a pesar do duro impacto paisaxísitico.
Pero entre todas as aprobadas hai unha Declaración anulada. Falamos do Parque Eólico de Cosmeiro, entre Mazaricos e Outes. A DIA recoñece que "xa existe unha longa aliñación de 30 kilómetros entre Mazaricos e Noia, formando unha barreira que obriga ás aves a realizar grandes cambios de roteiros".