![]()
O vindeiro sábado, ás 10 horas, terá lugar an casa da Cultura de Coristanco unha xornada que xirará ao redor do
aproveitamento económico da resina onde haberá unha charla informativa e unha demostración práctica.
A resina dos piñeiros é unha materia prima con múltiples aplicacións industriais; na fabricación de adhesivos, pinturas, tintas, papel, produtos de limpeza, e tamén ten importantes aplicacións na industria cosmética e farmacéutica. Tendo en conta que pode ser unha interesante oportunidade económica e de creación de emprego, o Concello de Coristanco organiza unha xornada sobre o aproveitamento da resina coa participación da asociación de Resineiros Galegos - AREGA 16 -.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Coristanco