Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte acolle a rodaxe da peli ‘Sica’, da directora catalá Carla Subirana

A cabanesa de 13 anos Thais García é a protagonista
Sica_Rodaje_Costa da Morte
A Costa da Morte acolle a rodaxe da peli ‘Sica’, da directora catalá Carla Subirana

Se paseando polo noso litoral atopades un completo set de rodaxe, non se asusten. Un completo equpo da produtora catalá Alba Sotorra (finalista nos Premios Goya co documental El retorno: la vida después de Isis) e a galega Miramemira (de O que arde) desenvolve a rodaxe de ‘Sica’, primeira longametraxe de ficción da directora catalá Carla Subirana. Trátase dunha coprodución entre Cataluña e Galicia, rodada en galego, que conta na maioría do seu equipo artístico con actrices e actores non profesionais da Costa da Morte.

De feito, a protagonista, extraída dun completo casting realizado na comarca, é Thais García, unha rapaza de 13 anos de Cabana. Ela fai de Sica, a filla dun mariñeiro que desaparece ao naufragar o seu barco. Mentres agarda a que o mar lle devolva o cadáver de seu pai, Sica distánciase da súa nai –interpretada pola actriz catalá Núria Prims– e da súa mellor amiga, Leda (María Villaverde), que tamén perdeu a seu pai no naufraxio. O único apoio atópao nun novo amigo, Suso (Marco Antonio Florido), un rapaz da zona a quen chaman O cazatormentas.

Sica_Rodaje_Dia3_03 copia

Vilas e espazos costeiros como Camariñas, Ponteceso, Laxe ou Malpica, acollen dende o 6 de decembro ata o 14 de xaneiro a rodaxe.

Conta a directora que en 2016, facendo o Camiño dos Faros “quedou absolutamente fascinada polas súas paisaxes e polas historias de vida deste pobo mariñeiro marcado pola brutalidade do seu océano». A partir de aí foi coñecendo persoas, experiencias, costumes, e foi creando a trama de ficción.

Sica_Rodaje_Dia7_02 copiaSica_Rodaje_Dia4_03 copiaSica_Rodaje_Dia8_01 copia

Comentarios