Martes. 19.03.2024
El tiempo

As Costas da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña

Vimianzo en FITUR
Manuel Rial e Mónica Rodríguez promocionandoVimianzo en FITUR
As Costas da Morte en FITUR (II): Camariñas, Cee, Muxía e Vimianzo no stand Turespaña
Volve FITUR, a Feira de Turismo máis grande do estado que ademais cumple 40 anos, e volve a Costa da Morte levar unha gran e diversa expedición. 

Xa vimos como foi a presentación do Gran Fondo Ézaro e La Vuelta, e temos pendente a presentación da nova liña de promoción “4 maneiras de vivir intensamente a Costa da Morte” da man de Turgalicia e a CMAT.

Agora vemos as intervencións d@s alcaldes/as de Camariñas, Cee, Vimianzo e Muxía (que cedeu parte da súa intervención á asociación Muxía Natural) no stand de Tourespaña, pero non poderemos ler nada do Camiño dos Faros, o gran esquecido desta edición.

25º Aniversario da festa do Asalto ao Castelo

Asalto ao Castelo de Vimianzo en FITUR

O turno vimiancés no stand de Turespaña ocupou a alcaldesa Mónica Rodríguez, que focalizou a intervención no 25º Aniversario da festa do Asalto ao Castelo, que se celebrará o primeiro sábado de xullo. “Para falar de historia e patrimonio na Costa da Morte, é imprescindible descubrir Vimianzo”, destacaba. Rodríguez destacou que “Vimianzo hoxe é un centro de artesanía en vivo, pero tamén é a Fraguía de Carnés, un dos lugares con maior concentración de elementos megalíticos e o lugar onde se realizaron as primeiras pinturas rupestres nun dolmen do noroeste da Península Ibérica.“

“Este año va a ser especial, ya que se celebrará la 25ª edición de nuestra fiesta más singular, la del Asalto ao Castelo, por la que llevamos mucho tiempo peleando para convertirla en fiesta de interés turístico nacional”, destacaba Rodríguez. “Convídovos a todas e todas a acudir xa non só o día do evento, senón toda a semana, xa que Vimianzo encherase de cultura, celebración e traidición”, finalizaba na súa intervención a rexedora.

A Mostra do Encaixe de Camariñas

Camariñas en FITUR  coa Mostra do Encaixe

Un modelo masculino, ademais da Costa (o vimiancés Damián Álvarez) é, por primeira vez, o protagonista dunha Mostra do Encaixe, que quere rachar cos estereotipos nesta XXX edición (desenvolverase na Semana Santa, do 8 ao 12 de abril). O cartel foi presentado tamén no stand de Tourespaña en Fitur pola alcaldesa Sandra Insua, que quixo destacar o sabor a historia desta celebración da artesanía cententaria.

Insua destacou que “este evento naceu co obxectivo de por en valor un elemento vertebrador de Camariñas como pobo e como comunidade e superou ese obxectivo con creces” xa que “a Mostra é coñecida internacionalmente, é un evento de moda referencial en Galicia e España, e cada ano chegan delegacións de todos os lugares do mapa que quedan marabillados coa arte das nosas palilleiras, que fan maxia coas súas mans, e que se transmite de xeración en xeración”.

Este domingo será a presentación oficial do spot, do que xa coñecemos o divertido making off, idea de Diego Alonso e Raúl Lorenzo. Unha gravación 100% Costa da Morte. A delegación camariñá aproveitou para comprobar unha das accións de promoción que veñen de contratar no corazón da capital de España. Do 22 ao 29 de xaneiro proxéctase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano, afianzando a Mostra como unha das pasarelas de moda de referencia de España durante a Semana Santa.

A Mostra do Encaixe no cartel do Cine Callao de Madrid

As belezas de Cee

A alcaldesa de Cee Margarita Lamela en Fitur

Cee levou a FITUR o seu patrimonio natural e cultural referente en Galicia. A alcaldesa do municipio da Costa da Morte, Margarita Lamela, tamén fixo a presentación no stand de TurEspaña, no recinto feiral de IFEMA, Madrid. “Somos a primeira fiestra ao mar no camiño de Fisterra”, salientou. Destacou tamén a fotografía paisaxística que conforman os castelos do Príncipe e do Cardenal co pequeno faro de Cee no fondo do cabo Fisterra, deslumbrada polo monte Pindo e cos illotes Carrumerios e as illas Lobeiras no centro. “É unha vista do litoral que abre ante os nosos ollos unha excepcional panorámica”, expresou.

A nivel histórico, a alcaldesa resaltou o casco histórico da localidade, con puntos como a rúa Magdalena onde sobresae o pazo do Cotón, o monumental edificio da Fundación Fernando Blanco de Lema, a alameda ou o museo Fernando Blanco de Lema, co seu impresionante catálogo pedagóxico.

Finalmente, Lamela lembrou a importancia a nivel de servizos de Cee, co Hospital Virxe da Xunqueira, a súa oferta de cultura, deporte ou gastronomía. “Somos a capital de comarca de fiesterra, somos a capital da Costa da Morte”, sinalou.

Muxía Natural e Paradores, unidos

Iago Toba en Fitur como alcalde de Muxia

”No traigo discurso porque vivir Muxía vaise ver no vídeo”, explicou o alcalde muxián Iago Toba, na presentación local no stand de Turespaña na súa atarefada xornada. Toba falou de “corasón” e deixou falar ás imaxes do vídeo promocional feito para a causa, ao tempo que invitou a todo o mundo a vir disfrutar de Muxía a través das súas xentes, da súa gastronomía ou das súas paisaxes.

Pero quixo ceder boa parte da intervención e do protagonismo á Asociación Muxía Natural, na voz de Francisco Canabal. Unha Asociación que asinará un convenio importante con Paradores, impulsado polo Concello, para unir sinerxias e remar todos na mesma dirección.

Representantes da Costa da Morte no stand de Turespaña na Fitur 2020

Novas de interese

Comentarios