A Costa da Morte perdeu 15.500 habitantes nas dúas últimas décadas
- Só 3 concellos gañaron poboación dende 2022
Parece que foi onte o 2002, pero a realidade demográfica da Costa da Morte variou moito nestas dúas décadas.
Este mes, o Instituto Galego de Estatística presenta o novo informe demográfico do país. Unhas cifras que adoitan ser alarmantes,amosando unha pirámide poboacional cuia parte ancha segue medrando, situando xa a zona máis importante entre os 40 e os 55 anos.
A nivel nacional, Galicia contaba a 1 de xaneiro de 2022 con 2.691.456 habitantes, 5.420 persoas menos que o ano anterior, das que o 76,7% viven nas provincias do eixe Atlántico.
Un dato máis que intersante é que o peso das 7 cidades segue a ser menor que o peso do rural galego, acollendo só o 36& da poboación galega.
Costa da Morte
A nivel costeiro, no último ano a comarca perdeu habitantes en todas as comarcas:
- Bergantiños: -0,40%.
- Soneira: -1,15%.
- Fisterra: -0,09%
- Xallas: -0,34%.
- Muros: -0,44%.
Facendo unha valoración a 20 anos vista, a Costa da Morte que forman os 19 concellos das 5 comarcas, perdeu 15.482 habitantes.
Os únicos concellos que medraron nestes últimos 20 anos son Carballo, A Laracha, e Cee, pero este último xa recuperou a tendencia negativa perdendo 150 habitantes na última década.
POBOACION COSTA DA MORTE. COMARCAS | ||||||
Comarca / ano | Bergantiños | Fisterra | Xallas | Muros | Soneira | TOTAL |
2002 | 69747 | 24558 | 16548 | 15630 | 21024 | 147507 |
2012 | 69736 | 23603 | 15011 | 14222 | 19666 | 142238 |
2022 | 66756 | 21966 | 13660 | 12396 | 17247 | 132025 |
Balance | -2991 | -2592 | -2888 | -3234 | -3777 | -15482 |
POBOACION COSTA DA MORTE. CONCELLOS | ||||||
Ano / Concello | 2002 | 2012 | 2022 | BALANCE | ||
Cabana | 5564 | 4864 | 4284 | -1280 | ||
Carballo | 28135 | 30783 | 31024 | 2889 | ||
Coristanco | 7959 | 7053 | 5875 | -2084 | ||
Laracha, A | 10592 | 11371 | 11538 | 946 | ||
Laxe | 3564 | 3420 | 3100 | -464 | ||
Malpica | 7037 | 6141 | 5397 | -1640 | ||
Ponteceso | 6896 | 6104 | 5539 | -1357 | ||
Cee | 7160 | 7814 | 7664 | 504 | ||
Corcubión | 1964 | 1754 | 1670 | -294 | ||
Dumbría | 4257 | 3586 | 3172 | -1085 | ||
Fisterra | 5133 | 5104 | 4902 | -231 | ||
Muxía | 6043 | 5345 | 4558 | -1485 | ||
Carnota | 5473 | 4800 | 4089 | -1384 | ||
Muros | 10157 | 9422 | 8307 | -1850 | ||
Camariñas | 6425 | 6237 | 5564 | -861 | ||
Vimianzo | 8537 | 8142 | 7164 | -1373 | ||
Zas | 6062 | 5287 | 4519 | -1543 | ||
Mazaricos | 5761 | 4778 | 4094 | -1667 | ||
Santa Comba | 10787 | 10233 | 9566 | -1221 | ||
TOTAL | 147506 | 142238 | 132026 | -15480 | ||
Fonte: I.G.E. - Instituto Galego de Estatística |
Novas relacionadas
- Louzán (2019): Os datos demográficos que nos levan á Irrelevancia.
- 2018: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031
- Louzán 2018: O drama das pensións en cifras: A Costa da Morte, un "morto vivente”.
- 2016: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte.
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en imaxes (I) - Comarca de Fisterra.
- Historia do drama do rural en imaxes (III - Terra de Soneira).
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en Imaxes (II) - Comarca de Bergantiños.