Venres. 10.04.2020
El tiempo

Historia do drama do rural en imaxes (III)

Historia do drama do rural en imaxes (III)
Terceira e última entrega do informe QPC sobre envellecemento e poboación na Costa da Morte ao peche deste 2017. Quedábanos por ver o gráfico da Comarca de Soneira e poñémolo ao final non por casualidade. O territorio que abrangue os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas é o que mais síntomas do drama do rural galego amosa na nosa bisbarra. Vimianzo, que foi o concello con mais habitantes ao sur da Costa da Morte (case 10.000 habitantes en 1990) perde poboación a pasos axigantados pero, ademais, envellece tamen a toda velocidade. Mentres na comarca de Fisterra a idade media da poboación en 2002 roldaba os 42,53 anos, sendo a mais baixa da bisbarra por aquel entón, na comarca soneiran o panorama xa non era para botar cohetes. Fisterra envelleceu esa media en seis anos, ata os 48,06 de media, mentres en Xallas, Muros e a Terra de Soneira a media supera xa os 50 anos de idade. Simbólico é como digo o caso da comarca Soneirán, que pasa dunha media de 43,55 anos de idade aos actuais 50,48 (7 anos mais de media), so superado pola comarca de Muros que con 51,20 anos de media é a que rexistra o dato mais alto. Pero nas predicións do IGE o panorama resulta desolador. En 2031, segundo o organismo estatístico da Xunta, na comarca da Terra de Soneira vivirán uns 13.200 veciños, case 6.000 menos que os que o fan na actualidade, e cunha idade media que superaría ampliamente os 52 anos de idade. Pirámide Poboación
Terra de Soneira 1998 Pirámide Poboación
Terra de Soneira 2016                         Con este panorama, resulta cando menos curioso que ningún partido político con representación na bisbarra teña este asunto, o do mantemento e aumento (por qué non) da poboación coma primeiro e si nos descuidamos, único asunto na sua axenda política. A administración, tanto autonómica coma provincial, xa ten amosado o seu desleixo por este asunto. Un tema tan grave como para que sea motivo de conversa, mais aló das tertulias propias de intelectuais ou académicos. Un asunto que empurra cada vez a mais veciños e veciñas e buscar sorte e futuro lonxe da Costa da Morte.   Fonte: IGE (Ins. Galego de Estatística). Elaboración propia.

comentarios