Venres. 26.04.2024
El tiempo

A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031

A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031
Proxeccion Poboacion Galicia 2016-2031

No marco da sociedade actual, co drama do envellecemento e do éxodo rural, coa traxedia das pensións na rúa, queremos volver analizar uns duros datos que nos presenta o Instituto Galego de Estatística. O IGE publicaba hai pouco na súa páxina web unha Análise das proxeccións de poboación en Galicia, que nos deixa tres escenarios que confirman, en todo caso, a perda de poboación que sufrirá Galicia nos vindeiros anos, así como o seu progresivo envellecemento”.

O IGE destaca que no suposto máis optimista dos presentados, no que se incrementaría a fecundidade ata acadar en 2030 a prevista para España, e no que se aumentaría nun 10 % a entrada de inmigrantes en Galicia con respecto aos observados en 2014, a cifra de poboación en Galicia non baixaría dos 2,5 millóns de habitantes (Galicia perdería no período 2016-2031 unhas 230.000 persoas; é dicir, o 8,5 % da súa poboación actual).
Pola contra, no peor dos escenarios previstos neste documento, no que diminuiría a fecundidade ata acadar a media observada na década dos anos noventa, e no que as entradas de inmigrantes en Galicia diminuiría un 10 % con respecto ás de 2014, a perda de poboación en Galicia no período 2016-2031 cifraríase no 10,4 %, quedando con apenas 1,7 millóns de habitantes se imaxinamos o 2051.

Proxeccion de poboacion en Galicia 2016-2031

Nacementos

Fai fincapé o IGE na necesidade de recuperar a taxa de número de fillos por muller (Indice Sintético de Fecundidade ISF), que a día de hoxe é 1,06. A hipótese máis optimista estimaba unha recuperación da taxa de fecundidade ao nivel de 1,50 fillos por muller no ano 2050.

ISF Galicia 2016-2031 1

Envecellecemento

Ademais, o envellecemento continuaría avanzando no curto prazo. A poboación galega en 2031, segundo estas proxeccións, tería unha idade media próxima aos 51 anos de idade, superior en 4,4 anos á actual, cifrada en 46,5 anos, e o índice de envellecemento, medido como a relación entre a poboación de 65 e máis anos por cada 100 persoas menores de 20 anos, continuaría na liña ascendente que se vén recollendo nos últimos anos.

A esperanza de vida ao nacemento tamén se incrementaría no horizonte da proxección, e chegaría aos 85,3 anos no ano 2030 (polos 82,6 actuais)

A pirámide de poboación subiría un novo chanzo, pasando de ser a parte máis numerosa a que abrangue de 30 a 44 anos, a ser de 50 a 64.

Piramide de poboacion Galicia 2016-2031

A caída do Padrón

Para vermos estas cifras podemos tamén analizar esta táboa dos concellos costeiros, que xa temos traído, analizando a caída de poboación, cada 5 anos, dende o 2002, gracias ao informe do IGE:

Variacion da Poboacion dos concellos da Costa da Morte 2002-2017 Variacion da Poboacion dos concellos da Costa da Morte 2002-2017-Fonte-QPC cos datos do IGE

Novas relacionadas coa caída poboación

Fonte

Comentarios