A Costa da Morte perdeu 15.500 habitantes nas dúas últimas décadas
- Só 3 concellos gañaron poboación dende 2022
Parece que foi onte o 2002, pero a realidade demográfica da Costa da Morte variou moito nestas dúas décadas.
Este mes, o Instituto Galego de Estatística presenta o novo informe demográfico do país. Unhas cifras que adoitan ser alarmantes,amosando unha pirámide poboacional cuia parte ancha segue medrando, situando xa a zona máis importante entre os 40 e os 55 anos.
A nivel nacional, Galicia contaba a 1 de xaneiro de 2022 con 2.691.456 habitantes, 5.420 persoas menos que o ano anterior, das que o 76,7% viven nas provincias do eixe Atlántico.
Un dato máis que intersante é que o peso das 7 cidades segue a ser menor que o peso do rural galego, acollendo só o 36& da poboación galega.
Costa da Morte
A nivel costeiro, no último ano a comarca perdeu habitantes en todas as comarcas:
- Bergantiños: -0,40%.
- Soneira: -1,15%.
- Fisterra: -0,09%
- Xallas: -0,34%.
- Muros: -0,44%.
Facendo unha valoración a 20 anos vista, a Costa da Morte que forman os 19 concellos das 5 comarcas, perdeu 15.482 habitantes.
Os únicos concellos que medraron nestes últimos 20 anos son Carballo, A Laracha, e Cee, pero este último xa recuperou a tendencia negativa perdendo 150 habitantes na última década.
Novas relacionadas
- Louzán (2019): Os datos demográficos que nos levan á Irrelevancia.
- 2018: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031
- Louzán 2018: O drama das pensións en cifras: A Costa da Morte, un "morto vivente”.
- 2016: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte.
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en imaxes (I) - Comarca de Fisterra.
- Historia do drama do rural en imaxes (III - Terra de Soneira).
- Louzán 2017: Historia do drama do rural en Imaxes (II) - Comarca de Bergantiños.