Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Historia do drama do rural en imaxes (I)

Historia do drama do rural en imaxes (I)
Moito se ten escrito ao respecto do envellecemento da poboación ( e da perda de poboación) na nosa bisbarra. Pero si algo axuda a entender a que se refiren os expertos cando alertan sobre esta circunstancia son as imaxes e a estatística. A isto axudan ferramentas como a que se pode ter acceso dende a base de datos municipais que o IGE ofrece a quen o desexe na súa páxina web. É de alí de onde saen as imaxes que hoxe ilustran este novo informe QPC. As imaxes de Pirámide Poboacional que podedes ver deixan unha clara instantánea da realidade dunha zona de Galicia totalmente esquecida e abandonada nos últimos 20 anos. Tomamos coma referencia tres das comarcas que forman o territorio de referencia para este xornal, concretamente as comarcas de Fisterra (Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría e Muxía), Terra de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) e Bergantiños (Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso) . O Cadro ofrece tres variables; diferencia entre homes e mulleres, ofrece idades por tramos dende os 0 e ata os 85 anos ou mais e aporta datos de 1998 e de 2016 (última cifra confirmada de censo en Galicia). Así, unha pirámide “sana” ofrecería unha porcentaxe de poboación maior na zona media do cadro, unha pirámide excesivamente nova ofrecería maiores porcentaxes na parte inferior do cadro e unha envellecida faría o propio na parte alta. Non hai que explicar demasiado a vista das imaxes, pero a evolución é evidente: Pirámide Poboación Comarca de Fisterra 1998 Piramide Poboación Comarca de Fisterra 2016                       (Continuará)

Comentarios