Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte #sacapeito contra contra o Cancro de Mama

Mesa Cancro de mama Cee
As bravas da AECC de Cee coa mesa informativa diante do Centro Comercial
A Costa da Morte #sacapeito contra contra o Cancro de Mama

Hoxe, luns 19 de outubro é o Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Unha data que serve para poñer en primeira liña de actualidade o obrigatorio de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Unha enfermidade contra a que prevención é o mellor remedio, pois pode detectarse moito antes de que apareza algún síntoma (gracias á mamografía, pódense detectar anomalías ata 2 anos antes de que sexan palpables) e as posibilidades de curación, se se detecta na súa etapa inicial, son case do 100%.

A comarca non é allea a esta situación e foron varias as entidades que así o corroboraron.

Por suposto, a Xunta Local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro está á cabeza, e este pasado domingo, aproveitouse a xornada de mercado para colocar unha mesa informativa ás portas do Centro Comercial de Cee.

Unha xornada na que a resposta e colaboración da xente superou amplamente as expectativas. Moitas persoas, ademais de aportar á súa achega, interesáronse por coñecer cousas tan importantes como que a mamografía é unha proba periódica que cobre a Seguridade Social, e que debeser compatible coa realizacións de autoexploracións como método de detección. Dende a Xunta Local de Cee lembran tamén que hai que acodir ao médico regularmente ou si se nota algunha anomalía nas mamas, ademais de levar hábitos de vida saudables, comer san, realizar exercicio físico.

Laracha súmase

Fachada Casa do Concello da Laracha iluminada de morado polo Cancro de Mama

O Concello da Laracha -en colaboración coa xunta local da Laracha da Asociación Española Contra o Cancro- sumouse á iniciativa #SacaPeito. Así, desde esta fin de semana e durante os próximos días a fachada da Casa Consistorial e o obelisco estarán cada noite iluminados de cor rosa para simbolizar o apoio do Concello á campaña, contribuíndo a concienciar sobre e cancro de mama e dando unha mensaxe de ánimo tanto ás persoas que loitan cada día por superalo como ás súas familias.

O comercio local de Camariñas súmase

 

Ofrenda Cancro Mama Camarinas
O Concello de Camariñas e a 'Asociación de Loita contra o Cancro de Camariñas' quixeron recordar este día cunha ofrenda floral á Palilleira.

O comercio local de Camariñas lanza unha iniciativa para recadar fondos polo Día contra o Cancro de Mama. Todo o que se consiga irá destinado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Foi o Concello o encargado de poñer en contacto aos comerciantes coa AECC para poder articular a entrega dos fondos recadados.

Cada establecemento adherido aportará 20 euros e ata o próximo martes, 20 de outubro, tamén venderán máscaras solidarias. Polo momento, os comercios que participan son Ricardo Más (Camariñas), Moda Guillermina (Ponte do Porto), Óptica O Faro (Camariñas),Panadería Perla (Camelle), Moda Azucena (Camariñas), Encaixes Gelina (Camariñas), Peluquería Animor (Camariñas), Floristeria Alecrín (Xaviña), Bar Pillo (Arou), Encaixes Montse Freire (Camariñas), Librería Ler (Ponte do Porto), Oreiro Moda (Camariñas),O rincón de Chus (Camariñas), d'Pauu (Camariñas), Calzados Silvia (Camariñas), Kerubín Moda Infantil (Camariñas), Sofi_Lin (Camariñas).

A ponte de Ponteceso ilumínase

Ponte de Ponteceso iluminada de morado

Como homenaxe por este día de apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade ao longo da súa vida e á investigación científica necesaria para a súa prevención e a detección precoz, desde o Concello de Ponteceso sumáronse á iniciativa #SacaPecho iluminando desde o pasado venres a ponte de Ponteceso.

Comentarios