Venres. 19.04.2024
El tiempo

“A Costa da Mulleres”, o proxecto audiovisual para contar a nosa historia a través da vida de 8 bravas

Vimianzo _ A costa das mulleres
Reunión en Vimianzo para ir perfilando ás 8 protagonistas destas curtas
“A Costa da Mulleres”, o proxecto audiovisual para contar a nosa historia a través da vida de 8 bravas
“A Costa da Mulleres”, o proxecto audiovisual para contar a nosa historia a través da vida de 8 bravas

Vvsibilizar e crear conciencia sobre o protagonismo que teñen nas nosas vidas as mulleres da Costa da Morte, é o obxectivo principal do novo proxecto impulsado polo GDR Costa da Morte. “A Costa das Mulleres” é unha campaña audiovisual de sensibilización consistirá na realización e difusión de 8 pezas audiovisuais de curta duración nas que as protagonistas serán oito mulleres da bisbarra.

Para a selección das mesmas as responsables municipais dos concellos participantes tiveron este pasado mércores unha xuntanza na que comezar a coordinarse e a seleccionar as historias de vida das mulleres que formarán parte desta campaña.

O proxecto nace cunha axuda concedida aos GDRs por Agader para actividades de igualdade e loita contra a violencia xénero.

Comentarios