Mércores. 30.11.2022
El tiempo

A Costa tínguese de verde para analizar o binomio Cancro-Covid

Fonte de Corme de verde polo Dia do Cancro.
Fonte de Corme de verde polo Dia do Cancro
A Costa tínguese de verde para analizar o binomio Cancro-Covid

Hoxe xoves 4 de febreiro, é Día mundial do Cancro, e na costa da Morte celébrase de varios xeitos. Espazos municipais como a Casa do Concello de Coristanco, a de Carballo, a ponte de Ponteceso, ou a fonte de Corme, tinguíronse de verde para amosar o seu apoio e enviarlle unha mensaxe de alento aos afectados por esta eterna enfermidade.

Ponte de Ponteceso de verde polo Dia do Cancro
A Ponte de Ponteceso

Non poderá haber actos pero a activa Asociación Española para o Cancro, e as súas delegacións de Cee e Carballo si que van realizar unha serie de actividades arredor da relación que vivimos hoxe coa presencia do Covid ademais do cancro, un binomio que trae moitas dúbidas e reflexións.

Para analizadas organizan unhas xornadas online baixo o título “Os pacientes de cancro debaten sobre o impacto da Covid-19”. As citas son online en directo a través da Canle de Youtube da AECC:

  • Ás 10:00h.: Diálogos AECC. “Os pacientes de cancro debaten sobre o impacto da COVID-19”.
  • Ás 11:30 h.: X Foro Contra o Cancro. “Por un enfoque integral”. Impacto da Covid-19 nas persoas afectadas polo cancro: novos desafíos entre vellos retos.

Falarase do efecto da pandemia por COVID-19 nas persoas con cancro e nas súas familias e posibles respostas aos desafíos presentados. Ao tempo queren seguir potenciando e reforzando a investigación oncolóxica.

Atención

Por outra banda, a Xunta Local de Cee da AECC lembra que pese a actual situación, segue prestando asistencia e apoio ás persoas con cancro que o precisen e mais aos seus familiares, a través do teléfono local, da Sede Provincial de A Coruña da AECC e do teléfono gratuito operativo as 24 horas de Infocáncer 900 100 036.

Tamén a Xunta Local de Carballo aproveita para lembrar o número de teléfono gratuíto 900 100 036, que funciona todos os días do ano e as 24 horas do día, ante calquera situación de necesidade; por outra, a toda a cidadanía, para que siga colaborando coa asociación, xa que, debido á imposibilidade de organizar ningún tipo de acto solidario ou peditorio, está a manterse grazas ás cotas dos socios e socias.

Máis concellos de verde

Laracha Día mundial contra o cancro
Concello da Laracha

Corporacion de Malpica de Verde polo Dia do Cancro
Corporacion de Malpica de Verde polo Dia do Cancro.

Concello de Vimianzo de Verde polo Dia do Cancro.
Concello de Vimianzo

Concello de Coristanco de verde polo Dia do Cancro
Concello de Coristanco co grupo de goberno

comentarios