Denuncian a falta de persoal no Xulgado de Carballo
07:10 17/01/17
No que vai de ano xa se tramitaron seis denuncias por violencia de xénero no Xulgado de Carballo
Se fai uns meses se denunciaba que chovía - literalmente - no Xulgado de Corcubión, hoxe é o turno do de Carballo. Ainda que as situacións son ben distintas. Así, o sindicado SPJ-USO Galicia solicita de forma inmediata a incorporación dun funcionario de reforzo provisional ata a aprobación da ampliación da plantilla actual para o Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción nº1 de Carballo.
"Transcorreron os meses, os asuntos vanse acumulando, as vítimas de violencia de xénero do partido xudicial de Carballo cada vez máis desprotexidas, derivando todo iso en que o xulgado nº1 da localidade estea cada vez máis afundido e tan só impide que peche as súas portas o traballo incesante de xuiz, letrado e funcionarios quen sen reparar en horarios e a costa da súa propia saúde e a das súas familias están sacando o traballo adiante", sinalan dende a SPJ-USO Galicia nunha nota de prensa.
Segundo apuntan dende o sindicato, a plantilla actual do Xulgado carballés está composta por un xestor procesal e dous tramitadores procesales na sección civil; mentras que a sección penal está integrada por unha xestora procesal e unha tramitadora procesal, pechando a plantilla, dos corpos xerais, un fucionario do corpo de auxilio xudicial.
"Este persoal desempeña, a maiores, as funcións de Xulgado de Violencia sobre a muller, funcións que recaen en exclusiva sobre as dúas funcionarias da sección penal - ata fai uns meses, unha soa -, asumindo todos os casos de violencia do partido xudicial", denuncian dende a SPJ-USO Galicia.
Casos de violencia de xénero
Nestes primeiros días do ano 2017, xa se rexistraron seis casos de violencia de xénero no xulgado de Carballo. Mentras que no 2016 tramitaronse un total de 81 asusto fronte aos 99 do 2015.