Denuncian concentracións e conducións irregulares no aparcadoiro de Razo
A pasada noite do día 7 de xullo, algún rematou a festa no aparcadoiro de Razo, Carballo. Era de madrugada cando varios vehículos se dedicaron, realizando unha condución temeraria, a facer trompos e demais peripecias. Uns veciños denunciaron a situación á Garda Civil, que asegura que a partir de agora vixía con máis fincapé zonas de concentración de vehículos e comportamentos irregulares cos mesmos.
Así o anuncia o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT), pertencentes ao Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, que, dende o comezo de verán, veñen vixiando de forma discreta lugares de concentracións de vehículos e conducións irregulares cos mesmos, que puidesen dar lugar a infracciones administrativas ou penais.
Vixilancias que nacen co fin de denunciar as mesmas, en evitación de potenciais perigos para os condutores e demais usuarios das vías públicas.
Este tipo de condutas que poñen en risco tanto ao condutor como ao resto dos usuarios da vía, poden dar lugar, segundo a perigosidade das mesmas, a unha infracción administrativa, coa súa correspondente sanción económica e retirada de puntos, como penal, cunha sanción de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.