Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Denuncian recortes nos horarios dos helicópteros do 061

Denuncian recortes nos horarios dos helicópteros do 061
Entre o 18 de marzo e o 27 de setembro os helicopteros do 061 estaran operativos 12 horas ao dia Os helicopteros do 061 están operativos 12 horas ao día. Imaxe: praza.gal Dende o pasado 18 de marzo e ata o 27 de setembro os dous helicópteros sanitarios do 061 reducen o seu horario de operatividade. Co recorte do horario de actividade dos helicópteros sanitarios, que denuncia a Xunta de Persoal do 061e que xa o fixera recentemente pola CIG, este servizo funcionará 12 horas ao día, perdéndose así 380 horas de actividade. O grave do asunto é que durante o solsticio de verán os días son máis longos chegando a ter ata 16 horas de luz. Segundo indica nunha nota de prensa a Xunta de Persoal do 061, "con este recorte horario calquera servizo na Costa da Morte, despois das 7 e media do serán, non pode ser atendido en primeira instancia por un recurso medicalizado, xa que por terra as medicalizadas mais próximas serían as de Santiago de Compostela ou da Coruña, calquera delas a mais dunha hora de distancia, e o helicóptero operativo estaría en Ourense". O mesmo pasaría con toda a Mariña Lucense, con unha ambulancia en Foz, moitas veces desprazada aos hospitais de referencia. Pola contra, a primeira hora da maña, a zona de Galicia desprotexida é a provincia de Ourense e a montaña de Lugo, que non terán helicóptero ata as 9 e media da mañá. Antecedentes Esta situación dáse dende o momento, fai algo máis dun ano, no que estes helicópteros pasan a ser xestionados polo 061. Segundo lembran dende a Xunta de Persoal do 061, o ano pasado non acudiu ningún helicóptero ao accidente do rally de Carral por ese motivo xunto con outros máis servizos que se "non se fixeron por estar nese período de inoperatividade dos helicópteros".   Novas relacionadas Fonte

Comentarios