Deputación e 5 Concellos de Bergantiños crean o “Proxecto Anllóns”
18:11 27/07/21
Interesante o novo “Proxecto Anllóns” que promove a Deputación e os concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso. Unha iniciativa para que, a traves dun ente de cooperación intermunicipal, tratará de promocionar e desenvolver o turismo a través de iniciativas que teñan ao río Anllóns como eixo central.
Os responsables das administracións asinaron un convenio por 4 anos, e que traballará para crear unha oferta de actividades de sendeirismo, interpretación da natureza ou patrimonio.
Lembran a importancia dos 54km que vertebran a comarca de Bergantiños.