Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Descobre o tempo e as mellores tabernas nas novas Apps en galego

Descobre o tempo e as mellores tabernas nas novas Apps en galego

Xa coñecemos a APP móbil de QPC (estás a tempo de descargala pinchando dende o teu dispositivo móbil en qpc.mobapp.at). Pero hoxe queremos coñecer un par de novas ofertas que temos nos no país para descubrir que tempo vai facer, ou que tabernas fermosas hai ao noso redor.

MeteoSix

A App de Meteogalicia MeteoSix centrada en Corcubión

Novedosa, práctica e esperemos que acertada. A nova APP de Meteogalicia, MeteoSIX, está a ter moi acollida e permite obter no móbil a predición meteorolóxica para calquera punto de Galicia ou da Costa. Milleiros de persoas xa teñen instalada nos seus teléfonos intelixentes a aplicación, descargada máis de 11.200 veces, que permite buscar entre máis de 29.500 localidades e 800 praias ou seleccionar calquera lugar no mapa, en terra ou no mar, e obter a predición para ese punto.

Polo de pronto, dan bo para estes días...

IMOS?

A App de GalApps Imos centrada na Costa da Morte

Outra das novidades que temos é "a guía social máis xenuína de Galicia". GalApps vén de sacar a súa aplicación Imos?, un xeito de atopar as tabernas, furanchos ou praias que hai pola túa zona.

Un proxecto no que ademais podes colaborar achegando todas as tabernas que queiras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa de Xurxo Méndez Pérez, Desenvolvedor da aplicación MeteoSIX Mobile.

Comentarios