Venres. 29.03.2024
El tiempo

Descarga a túa APP de QPC no teu móbil

Descarga a túa APP de QPC no teu móbil

Xa podes levar QPC a todas partes. Hoxe queremos presentar a nova Aplicación Móbil do diario QuepasanaCosta, xa aseguible para teléfonos móbiles (ou smartphones que queda máis profesional) e tabletas (ou tablets)

Na Aplicación Móbil, polo de agora, temos unha sección de Novas, un acceso directo a www.futboldacosta.com, outro a www.busescostadamorte e outro á Axenda Costa da Morte, unha sección de vídeos, e accesos ao Facebook e Twitter de QPC. En función das necesidades iremos traballando para mellorala.

Se ben tiñamos pensado adicar esta segunda versión móbil a un dos culpables da primeira (saben que anterior versión se chamaba DiegoDiaz1.0 en homenaxe a un dos nosos lectores máis fieis), esta aplicación ten que levar o novo do seu creador, que non é outro que o novo Martín Alabau. A el lle damos as gracias por colaborar con QPC e levarnos no peto a todas partes.

Descarga a APP de QPC no teu móbil

Pincha aquí (ou entra nesta dirección dende o navegador) dende o teu móbil ou tableta, e unha vez entres na aplicación, dalle ao botón de compartir e "Añadir a la pantalla de inicio":



Novas relacionadas

Fonte

Comentarios