Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Diego Calvo reúnese con alcaldes e portavoces do PP na Costa da Morte

Diego Calvo reúnese con alcaldes e portavoces do PP na Costa da Morte
Diego Calvo mantivo onte un encontro de traballo en Cee Diego Calvo, presidente do PP da provincia da Coruña, mantivo onte un encontro de traballo en Cee Diego Calvo, nomeado recentemente presidente do Partido Popular da provincia da Coruña, reafirmouse onte na súa idea de que, a partir de agora, os 30.000 afiliados cos que conta a súa formación ao longo da provincia da Coruña poidan participar de forma activa nas reunións comarcais que, ata agora, os dirixentes provinciais mantiñan de xeito periódico cos alcaldes e portavoces dos distintos partidos xudiciais da Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Noia, Santiago e Corcubión. O anuncio, realizado onte nun encontro de traballo mantido cos alcaldes e portavoces populares de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía e Vimianzo enmárcase dentro da nova política de participación que o recentemente elixido presidente provincial quere instaurar no partido, e coa que Calvo pretende que “todos os afiliados escoiten o que queremos facer, nos digan que queren eles, se queixen cando haxa motivos e nos acheguen as súas propostas”. “Queremos contar con todos e cada un dos 30.000 afiliados que o partido ten na provincia e, para iso, somos conscientes de que debemos escoitalos e comunicar mellor para que a xente entenda e participe de todas as nosas decisións”, subliñou Calvo, quen recalcou que “asina punto por punto” o relatorio presentado polo PPdeG no último Congreso referente á participación da militancia no funcionamento interno do partido. Deste xeito, “convertendo a cada afiliado nun militante activo”, o presidente provincial mostrouse “seguro e convencido” de que o Partido Popular recuperará unha proximidade cos cidadáns, que Calvo cualificou de “imprescindible” para poder coñecer e solucionar os seus problemas. Formación Así mesmo, durante o encontro, o presidente provincial insistiu tamén na necesidade de mellorar a formación dos militantes, alcaldes e portavoces a través das áreas de traballo que o partido está a poñer en marcha sobre diferentes materias. “É a nosa obriga como partido ofrecerlle á nosa xente as ferramentas necesarias para que poidan levar a cabo a súa labor coas maiores garantías posibles”, indicou Calvo, quen resaltou o seu compromiso para que o Partido Popular da Coruña se confirme como “unha referencia para todos os cidadáns”. Novas relacionadas Fonte

Comentarios