Venres. 11.10.2024
El tiempo

Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana

Accidente na estrada de Malpica
Accidente rexistrado este mediodía en Cerqueda
Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana

Menuda semana de accidentes estamos vivindo na comarca. Ademais da historia do rapaz que anda subindo á rede vídeos a 200km polas estradas de Ponteceso, a Garda Civil alerta da posible relaxación dos condutores tras varios anos dun coidado maior, ademais do evidente feito de que nestas datas hai máis coches polas estradas.

Dous accidentes en Ponteceso e Malpica

Ás 11:20h xa se rexistraba o primeiro accidente na estrada AC-419, no punto km.5, en Pazos, Ponteceso. Foi unha colisión entre un coche e un tractor, no que o tractor quedou envorcado. Urxencias sanitarias, ademais dos Bombeiros de Bergantiños, GES de Ponteceso, Garda CIvil, Policía Local e Protección Civil.Dúas persoas feridas e trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Pouco despois, arredor das 14:00h rexistrábase un novo accidente en Cerqueda, Na estrada que vai de Carballo a Malpica. Tras unha forte colisión un dos vehículos implicaos quedou envorcado, tendo que chamar aos mesmos axentes para ademais trasladar a varios feridos ao Hospital de referencia.

Outro accidente o mércores

Este pasado xoves 24 tamén tiña lugar unha colisión múltiple na Av. Fisterra, en Cee, preto das 12:00h. Tres vehículos víronse implicados no choque acontecido na AC-552 a altura dos Talleres da Renault, cando ademais unha persoa tivo que ser atendida cun ataque de ansiedade. A persoa foi evacuada ata a ambulancia para ser trasladada ao hospital de Cee. Os demais implicados non presentan danos aparentes.

Un accidente o domingo, dous o luns e tres o martes

Lira, Ponteceso, Talón (Fisterra) e Berdoias foron as vilas que rexistraron os accidentes acontecidos entre o luns e martes.

O máis grave aconteceu a tarde do domingo, na Lagoa, Vimianzo, con ata 5 feridos.

Novas relacionadas

 

Comentarios