Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novo accidente no punto negro de Berdoias

Segundo accidente en dous días na AC-552 no termo municipal de Vimianzo despois do grave accidente de onte.
Novo accidente na AC552 en Berdoias-Vimianzo-Foto-Hector BUxan
Imaxe do enésimo accidente na AC-552 no punto nefro do cruce de Berdoias-Foto-Héctor Buxán
Novo accidente no punto negro de Berdoias

Despois do grave accidente de onte na Lagoa, Vimianzo volve sufrir un novo pau en forma de accidente. Desta volta foi no cruzamento de Berdoias, mítico punto negro da bisbarra que segue esperando a actuación desesperada das administracións.

Acontecía ás 11:30h, e tres vehículos víronse afectados. Era un particular o que alertaba ao 112, que inmediatamente mobilizaba ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Cee, para excarcelar un atrapado no interior do Peugeot 206.

A Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil tamén se achegaban ao lugar.

Novas relacionadas

Comentarios