Venres. 17.05.2024
El tiempo

Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro

Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro

En xullo de 2014 aprobouse o real decreto que regula a metodoloxía do cálculo do período medio de pago a provedores (PMP). Trátase dun indicador que mide o tempo do pago da débeda comercial dos concellos, e cuxo resultado, nun exercicio de transparencia, obrigatoriamente deberá facerse público.

Os datos máis recentes dispoñibles revelan que os establecementos comerciais de Mazaricos, Muxía e Vimianzo poden estar contentos, porque se lles abonan as facturas inmediatamente. Sen apenas retrasos. Situación parecida é a dos acredores de Cabana, Carballo, Cee, Corcubión e Zas, que cobran relativamente pronto tamén.

Sen embargo, o resto dos nosos concellos incumpren o prazo legal, ao superar os trinta días no pago. O detalle destes municipios, coa indicación do PMP, preséntase na seguinte táboa. Non se inclúen os concellos de Coristanco, Dumbría e Muros ao non constar información na páxina do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas.

Concellos que superaron o prazo de pago a proveedores

Observamos como Carnota, Ponteceso, Laxe e Fisterra son os municipios que –utilizando a coñecida expresión coloquial– pagan tarde, mal e arrastro, ao superar os noventa días.

Este incumprimento legal é preocupante, xa que o retraso no pago das facturas provoca, inevitablemente, tensións de liquidez nas empresas e autónomos, podendo orixinar verdadeiros trastornos financeiros e, incluso, problemas de solvencia no curto prazo. Por iso, considero que sempre é mellor deberlle aos bancos –para iso están–, que aos subministradores de bens ou servizos da localidade. Porque, non son culpables da mala programación e xestión do plan de disposición de fondos municipal.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios