Recortes en Sanidade

As Enfermeiras continúan a súa loita pelexando polo incremento do ratio enfermeira/habitante

Este luns 13 de xaneiro as Enfermeiras en Loita concentraranse ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira

Quedara pendente do pasado mes de decembro, cando as Enfermeiras en Loita tiveron que saír en apoio dunha compañeira ante as calumnias do Sergas na televisión. Pero o ratio enfermeira/habitante é un dos elementos que mellor definen o estado de saúde do sistema sanitario.

”En Galicia o ratio está en 5,3 enfermeiras por cada mil habitantes, máis baixo que o de España que se sitúa en 6,55 enfermeiras por cada mil habitantes, e ben lonxe da media europea que é de 8,8 enfermeiras por cada mil habitantes”, explican dende o colectivo.

De aí que neste mes de xaneiro dediquen a súa campaña #12meses12loitas a conseguir un incremento do ratio, e concentraranse nas entradas Hospitais Públicos e Centros de Saúde de Galicia (entre eles o Virxe da Xunqueira de Cee) este mes o luns 13 de xaneiro ás 12:00h.

Aluden tamén á responsabilidade da cidadanía, dos doentes que sufrimos as consecuencias de que os profesionais non sexan quen de ofrecer unha atención de calidade nestas condicións. De aí o lema #Coidaaquentecoida.

Novas relacionadas