RECORTES EN SANIDADE
As Enfermeiras continúan a súa loita pelexando polo incremento do ratio enfermeira/habitante

Quedara pendente do pasado mes de decembro, cando as Enfermeiras en Loita tiveron que saír en apoio dunha compañeira ante as calumnias do Sergas na televisión. Pero o ratio enfermeira/habitante é un dos elementos que mellor definen o estado de saúde do sistema sanitario.
”En Galicia o ratio está en 5,3 enfermeiras por cada mil habitantes, máis baixo que o de España que se sitúa en 6,55 enfermeiras por cada mil habitantes, e ben lonxe da media europea que é de 8,8 enfermeiras por cada mil habitantes”, explican dende o colectivo.
De aí que neste mes de xaneiro dediquen a súa campaña #12meses12loitas a conseguir un incremento do ratio, e concentraranse nas entradas Hospitais Públicos e Centros de Saúde de Galicia (entre eles o Virxe da Xunqueira de Cee) este mes o luns 13 de xaneiro ás 12:00h.
Aluden tamén á responsabilidade da cidadanía, dos doentes que sufrimos as consecuencias de que os profesionais non sexan quen de ofrecer unha atención de calidade nestas condicións. De aí o lema #Coidaaquentecoida.
Novas relacionadas
- Decembro 19: As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de decembro as pacientes doentes.
- Novembro 19: As Enfermeiras Eventuais en Loita alzan a voz contra a eterna precariedade laboral no Sergas.
- Outubro 19: As Enfermeiras saíron a rúa esixindo Transparencia ao SERGAS.
- Setembro 19: As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade”.
- Agosto 19: As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar.
- A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano.
- Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.