Venres. 19.04.2024
El tiempo

As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade"

Enfermeiras en loita contra o contrato de estabilidade
Enfermeiras en loita contra o contrato de estabilidade esta mañá de 12 de setembro en Cee
As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade"

Un contrato dun ano, prorrogable, pero que obriga a estar dispoñible para traballar 24 horas os 365 días do ano. Un contrato que non lles permitirá coñecer os seus turnos ata o mes anterior, nin sequera o lugar de traballo. Un contrato que esquece toda conciliación familiar posible, e sen dereito a vacacións, permisos…

Así é o “Contrato de Continuidade” que o Sergas xa ofreceu aos médicos de familia e que agora está ofrecendo ao sector da enfermaría, argumentando que se trata dun “contrato de estabildade”.

Unha teórica “estabilidade” que non aceptan as traballadoras e traballadores do sistema público de saúde, como manifestaron nas concentracións realizadas ao longo do país polas “Enfermeiras en loita”, no marco do movemento #12meses12loitas.

Este 12 de setembro, as enfermeiras do HVdX concentráronse para protestar contra esta situación laboral que coloca a moitas traballadoras a ter asinado preto de 90 contratos nos últimos 5 anos. Outra recoñece ter asinado 214 contratos dende finais do 2010...

Novas relacionadas

Comentarios