O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX

A práctica de realizar contratos case a diario parece xa un mantra no Hospital Virxe da Xunqueira. Profesionais que son chamados no último momento, e que teñen que asinar contratos dia a día, con todos os problemas e incertidume que iso conleva, tanto para o traballador como para o centro.
Esta semana, o Sindicato de Técnicos de Enfermería SAE vén de emitiro un comunicado á Dirección de Recursos Humanos de EOXI da Coruña no que esixe o cumplimento do pacto de contratación na regulación da contratación no Hospital de Cee.
Un escrito que envía despois de recibir continuas queixas dos profesionais que ratifican o incumplimento deste pacto. Sinalan que se están realizando coberturas de días programados con horas extras e/ou ordinarias sen chamar nin a lista xeral nin ao POOL, ofertando devanditas horas a persoal en reducións de xornadas.
Desmantelamento do HVdX
Unha práctica que afonda no desmantelamento paulatino de servizos do HVdX que levan denunciando os sindicatos nos últimos anos, e que combina perfectamente coa perda de profesionais.
De feito, neste 2019 o centro moveu 3 postos de enfermeiras e, sobre todo, non cubriu un posto de auxiliar de enfermería que marchou por traslado.
É certo que o Hospital perdeu moitisima poboación, (cando abriu o hospital había uns 50.000 habitantes na zona e agora hai 40.000, un 20% menos) e iso nótase nalgunhas unidades. Hai uns anos había de forma mantida no tempo uns reforzos que agora non se contratan. O número de nacementos baixou no último ano de forma considerable.
Pero en todo caso, non parece xustificable de ningún tipo para unha sanidade pública de calidade nin a forma de contratación, nin a perda de profesionais nin carencia da categoría de celador.
Novas relacionadas
- As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- 14-03-19: A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra,
- 13-03-19: Os mércores ao sol… e contra os recortes en sanidade.
- 2017: Denuncian de novo o desmantelamento paulatino de servizos do HVdX.
- 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- 2014: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.