Martes. 16.04.2024
El tiempo

A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano

ENFERMEIRAS CEE
Enfermeiras en Loita que saíron a rúa o pasado agosto no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano

O pasado mes de agosto, tocaba loitar pola conciliación familiar. Este setembro, as Enfermeiras en loita de todo o país utilizarán o movemento #12meses12loitas para protestar pola vergoña de contrato de estabilidade que propón a Xunta de Galicia.

A cita que amose o rexeitamente do sector ao novo “contrato de continuidade” será o día 12 de setembro ás 12 da mañá, diante dos diferentes hospitais galegos e centros de saúde, como non no Hospital Virxe da Xunqueira. Un contrato que a Xunta presenta solución á falla de estabilidade laboral (as enfermeiras poden chegar a asinar 100 contratos cada ano) e á falla de persoal para cubrir ausencias do persoal fixo, pero que para as profesionais consideran “un simple parche”.

O colectivo denuncia que o Sergas “nos ofrecen como contrato estable de 1 ano de duracion cando esta encuberta unha forma de contrato na cal ti estás dispoñible para o Sergas as 24 hr do día 365 días o ano”, como explica Laura Louzán. “Darían os turnos mes a mes, e poderian chamarte no teu día libre para ir facer un turno no hospital ou no centro de saúde. Estarías dispoñible para rotar por varias unidades; non sempre na mesma. E non daría o dereito de ter vacacións ou algún dos permisos básicos”, explica sen dar crédito ás condicións.

Ademais das que poidan participar na concentración, o persoal que se atope traballando lucirá un laciño negro.

enfermeiras en loita

Novas relacionadas

Comentarios