Luns. 10.08.2020
El tiempo

As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de decembro as pacientes doentes

Enfermeiras Eventuais en Loita no Hospital de Cee
Enfermeiras Eventuais en Loita no Hospital de Cee
As Enfermeiras Eventuais en Loita adican o mes de decembro as pacientes doentes

Volveron concentrarse en ducias de centros hospitalarios de todo o país o Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita . E tamén o fixeron na Costa da Morte, no marco do movemento #12Meses12Loitas. Este mes de decembro vai adicado aos pacientes, e ao ratio enfermeira-paciente, facendo do #Coidaaquentecoida unha máxima.

Unha vintena de profesionais e varios veciños acodiron á concentración, ás 12:00h na porta do Hospital Virxe da Xunqueira, para ler o manifesto da colectivo. Un manifesto que vai dedicado a todas e todos as doantes, que aturamos ser tratados por enfermeiras novas cada día, que esperamos longas listas de espera, e que somos as primeiras en sufrir os recortes en materia de sanidade pública.

Visita ao Parlamento Europeo

Unha expedición galega do colectivo vén de acodir ao Parlamento Europeo, da man da europedeputada nacionalista Ana Miranda, para presentar na Comisión de Peticións a súa denuncia.

Enfermeiras eventuais en Loita en Bruselas con Ana Miranda

Novas relacionadas

comentarios