Venres. 29.03.2024
El tiempo

#EuPecho: “Que saiban que na Costa da Morte intentámolo”

Eu pecho en Baio
Imaxe da concentración na feira de Baio
#EuPecho: “Que saiban que na Costa da Morte intentámolo”

”Cada céntimo nos negocios conta, por iso agradecemos que pechárades a porta”. Así agradecía Tatiana Rellán onte a presencia de numerosos autónom@s, comerciantes, hostaleir@s… na concentración celebrada en Baio esta pasada tarde, co gallo da campaña #EuPecho. Cun seguemento do 90%, a Costa da Morte fixo unha demostración de unión, e berrou alto en contra da suba da luz, dos carburantes, dos autónomos… En definitiva, da perda de calidade de vida de todos nós, de todos os consumidores.

Se pola mañá a concentración dábase en Vimianzo, pola tarde eran as vilas de Baio e Ponteceso as que manifestaban o seu desacordo coa situación actual, esixindo ao goberno solucións reais. “Non queremos subvencións, créditos ICO… non nos queremos endebedarnos de novo. Queremos solucións xa, por prezos xustos para todos”.

 

 

Novas relacionadas

Comentarios