"EuroRural" permitirá facer prácticas profesionais na Europa máis rural
08:03 29/04/16
Dentro do programa Galeuropa, o centro de promoción rural-efa Fonteboa de Coristanco acaba de abrir a convocatoria para realizar prácticas profesionais en outros lugares do rural europeo. Os destinatarios do proxecto "EuroRural" son mozos e mozas con formación profesional agraria, veterinaria, enxeñería agrónoma, forestal,... e con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
Os interesados poderán desenvolver os seus traballos en empresas do sector gandeiro ubicadas en Irlanda e Francia. O periodo de formación é entre os meses de xullo e novembro do presente ano e o programa inclúe formación lingüística, traslados, aloxamento e manutención e acompañamento.
Os interesados poden informarse no 981 733 051 ou en [email protected].
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Fonteboa