Éxito de público e de vendas da V Feira das Oportunidades de Carballo que xa pensa na Expo Voda

08:22 12/03/13

Satisfacción xeralizada entre os 36 expositores do CCA de Carballo a pasada fin de semana. A pesar do mal tempo, a xente quedou encantada ca proposta no San Martiño, onde se atopaba a carpa.
As portas abríronse ás 10:00h da mañá do sábado e xa había xente agardando para botar un ollo ás rebaixas e a gran variedade nos expositores. O domingo foi o día grande pois coincidía coa feira de cada semana.
O curioso destas feiras é que os prezos van baixando co paso das horas e moita xente agardou ata última hota para facelas compras.
Carballo, zona de feira: Expo Voda
Xa esperan por Carballo a gran cita de abril no I Salón de Vodas, Comuñóns e Celebracións, pois ademais este ano trasládase ao Forum, onde se agarda que sexa unha cita de referencia nacional.

Novas relacionadas
Fonte
- Sergio García para QPC (sergiogarcia@quepasanacosta.gal).