![PPSOE PPSOE]()
“Se Susana Díaz facilita a estabilidade nas cidades andaluzas, capitais e pobos andaluces é difícil non coincidir nos plantexamentos que levamos algúns pedindo desde fai décadas”, asegura ante a posibilidade de que os dous partidos se apoien se non obteñen maiorías absolutas.
Bomba electoral a menos de tres días dos comicios do 24M. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi este xoves meridianamente claro ao apostar por un pacto entre o PP e o PSOE para que ambos os partidos se apoien naqueles concellos nos que sexan os máis votados.
“Eu creo que os que gañan as eleccións teñen que gobernar. Esa é unha proposta de rexeneración básica. Sorpréndeme que logo de 30 anos de democracia en España se siga discutindo que alguén que lle falte un concelleiro ou uns deputados para a maioría absoluta pois non poida gobernar”. Deste xeito comezou a súa resposta Feijóo ao se preguntado por un pacto entre populares e socialistas en Andalucía para desbloquear a actual situación na que se atopa a investidura de Susana Díaz.
Neste sentido, Feijóo dixo, abertamente, que, se Susana Díaz “facilita a estabilidade nas cidades andaluzas, capitais e pobos andaluces”, en relación a aqueles nos que poida ser o PP a lista máis votada, “é difícil non coincidir nos plantexamentos que levamos algúns pedindo desde fai décadas”.
“Se o PSOE aposta pola estabilidade en Andalucía e no conxunto de España creo que esa conversa se ten que manter e debería fructificar garantindo a estabilidade das institucións”, suliñou.
“Creo que hoxe está na mans de todos esa posibilidade. O 24M decidiremos o goberno de 8.000 concellos e pode haber con estabilidade para os vindeiros catro anos e concellos cunha enorme inestabilidade. Vamos decidir gobernos en 13 autonomías e pode haber gobernos con estabilidade ou sen estabilidade. Eu son partidario dos gobernos con estabilidade pero para iso necesitamos que alguén aposte pola estabilidade”, concluíu.
Fonte
- Nova do xornal curmán Galicia Confidencial.