O GALP Costa da Morte abre a última convocatoria de axudas 2014-2020
Este pasado xoves 27, saíu publicada no DOG núm.18 a Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. Deste xeito o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte abre o prazo de inscrición para as súas axudas neste 2022.
Unhas axudas destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.
O territorio de actuación do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
Os promotores disporán ata o 27 de febreiro, para a presentación telemática de solicitude de axuda, que se pode realizar nesta ligazón co código de procedemento PE155A.
Para mais información pode poñerse en contacto a través do teléfono 981707378 ou o correo: [email protected].
Presencialmente poden achegarse á oficina sita no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, Buño, Malpica de Bergantiños, de luns a venres de 8:30 a 15:00horas.