Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O GALP Costa Sostible artella dúas xornadas informativas sobre as axudas

Programa Xornada TPP Costa Sostible copia 2
O GALP Costa Sostible artella dúas xornadas informativas sobre as axudas

O GALP Costa Sostible, o do sur da bisbarra que inclúe aos concellos costeiros das comarcas de Fisterra e Muros-Carnota (ademais de Outes, Noia, Porto do Son), comeza o seu programa de difusión da súa temporada de axudas.

O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 1 de marzo, e para divulgalas e achegalas ao empresariado, o GALP xa ten formuladas dúas xornadas para esta vindeira semana.

Podes informarte en costasostible.com e podes inscribirte cubrindo o formulario de inscrición ou ben dirixíndose ao correo electrónico [email protected]).

Turismo, Patrimonio e Pesca

A primeira xornada será o xoves 14 de ferbreiro no Coliseo Noela de Noia sobre Turismo, Patrimonio e Pesca. Contarán 4 casos de éxito relacionados coa pesca, o turismo e o patrimonio pesqueiro, exportables ao territorio do GALP Costa Sostible

Mikel Martí i Llambrich, director do Espai do Peix, un proxecto para o desenvolvemento local, mostrará unha nova mirada ás poxas desde a lonxa de Palamós (Girona).
Hermelinda Pedroso directora de ALBAOLA – Factoría Marítima Vasca, falará do seu museo, localizado nun antigo estaleiro, onde se pode visitar o proceso de construción dunha embarcación tradicional.
Miguel Ángel Luis Ravelo, director de marketing e persoal do MERCADO LA RECOVA, de Nuestra Señora de Africa – Santa Cruz de Tenerife, explicará como a autoxestión levou a fusionar nun espazo de peixería tradicional un espazo para a degustación.
E Marta Reinares Gómez, directora da Residencia Campos Romanos, que loita contra o despoboamento no rural zaragozano.

Programa Xornada TPP Costa Sostible copia

Marca colectiva

A segunda desenvolverase o sábado 16 de febreiro na Confraría de Pescadores de Portosín (Porto do Son), unha xornada dedicada a poñer de manifesto a importancia das “marcas ligadas ao produto”. Haberá tres ponentes da zona explicando como se traballa a marca do "Berberecho de Noia", a Marca "Pulpo de Lonja" e a marca "Azul de Portosín". Ademais de fóra de Galicia virán poñentes dende Andalucía, para contar o caso do voraz (ollomol) de Tarifa; de Cantabria, para contar o caso da anchoa; e de Gran Canaria, para falar das marcas da illa.

E para rematar haberá unha degustación de peixe azul.

Galp Xornadas de Marca colectiva

Comentarios