O GALP lanza un proceso de participación cos sectores produtivos para avaliar a incidencia das axudas
11:27 10/04/26
O GALP Costa da Morte inicia un proceso de participación aberto que pretende presentar os resultados obtidos ata o momento no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP).
A entidade invita aos sectores público, pero tamén profesional (pesqueiro, económico e social, a dúas xornadas de reflexión común.
A primeira, nun Espazo para as Mesas Sectorias, desenvolverase no 𝐱𝐨𝐯𝐞𝐬 𝟏𝟔 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐧𝐨 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧𝐢́𝐚 𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐁𝐮𝐧̃𝐨 - 𝐂𝐀𝐓 co seguinte horario:
- Xoves 16/04 ás 10:00h: Sector público.
- Xoves 16/04 ás ás 18:00: sectores pesqueiro, económico e social.
A segunda xornada, o Espazo para coñecer proxectos concretos, será o martes de 21 abril, con dúas visitas aos espazos de traballo de dous proxectos singulares que obtiveron axudas do GALP.
- Martes 21 ás 10:00h no Agocho do Bico en Camariñas.
- Martes 21 ás 18:00h en La Ratona, Barizo.
Inivtan ademais a opinar sobre o procedemento cubrindo este formulario