venres. 15.11.2024
El tiempo

O GDR conta con máis de 630.000€ para a convocatoria 2023-2024

O prazo para presentar solicitudes para esta convocatoria vai ata o 31/01/2023.
GDR Costa da Morte asemblea
Imaxe da xunta directiva de xuño pasado do GDR
O GDR conta con máis de 630.000€ para a convocatoria 2023-2024

Xa está aberto o prazo, ata o 31 de xaneiro, para solicitar axudas do Plan Leader.

A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR do pasado 10 de xaneiro aprobou o cadro financeiro da axudas LEADER para a convocatoria 2023-2024. Dos máis de 15 millóns que se destinan para os 24 GDRs de Galicia, ao GDR Costa da Morte correspóndenlle 631.600,31€; 126.320,06€ para a anualidade 2023 e 505.280,25€ para a 2024.

Destes cartos, o 65% serán destinados a proxectos produtivos (410.540,20€) e 35% para proxectos non produtivos (25% de Concellos (157.900,08€) e 10% de Asociacións (63.160,03€)).

O máximo de axuda por proxecto produtivo é de 125.000,00€ (e ata o 40%).
O máximo de axuda para proxectos non produtivos é de 38.000,00€ por promotor e período Leader (Do 32% ata o 90%, dependendo da tipoloxía do proxecto). A axuda dos proxectos repartirase entre as dúas anualidades.

Máis información na web www.gdrcostadamorte.com ou nas oficinas de Vimianzo ou Buño.

Comentarios