O GDR Costa da Morte apenas contará con 270.000€ para a convocatoria 2020-2021
A Asociación Costa da Morte GDR xa sabe cantos cartos vai ter para apoiar proxectos empresariais e municipais na convocatoria 2020-2021. O cadro financeiro da axudas das axudas LEADER da submedida 19.2 foi aprobado na pasada Xunta Directiva, polo que o GDR Costa da Morte disporá 268.712,32€. Unha cantidade menor da esperada pola Xunta directiva, polo que os Concellos renunciaron a boa parte dos seus proxectos de promoción.
Así, a entidade xa enviou unha serie de proxectos, a Agader para ser estudiados a fondo, destinando 241.841,09€ para proxecto Produtivos (90%) e 26.871,23€ para proxectos Non Produtivos (10%).
Paralelamente si que se presentou un proxecto interesanrte ao Teu Xacobeo: “Costa Atlántica, o Mapa emocional do Camiño Fisterra – Muxía”, cun orzamento de 22.893,20€.