Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Horarios de Autobuses actualizados: 2 liñas máis Santiago-Fisterra

Horarios de Autobuses actualizados: 2 liñas máis Santiago-Fisterra

Estamos de noraboa. por primeira vez as empresas adxudicatarias do Servizo de Transporte Colectivo da Costa da Morte (xa saben que o de público non lle vai moi ben...) aumentaron a oferta: 2 liñas máis Santiago-Fisterra e unha de volta.Non é moito, pero a idea é que as empresas dan un paso adiante e non atrás.

Así, o diario QPC segue a ser o único espazo cos horarios integrados das 3 empresas adxudicatarias (poden ollar os horarios e mesmo descargar o cartel en www.busescostadamorte.com), gracias á colaboración do Grupo Insua, que leva xa 3 anos facendo posible co seu patrocinio que manteñamos este servizo, demostrando estar comprometido coa necesidade de mellorar o transporte público na zona como un servizo turístico de primeira necesidade.

Un Servizo polo que deberían loitar as entidades sociais, empresariais e turísticas da zona, como APTCM ou Neria, pero parece que non é un asunto referente, a pesar de que milleiros e milleiros de turistas cheguen cada ano á nosa bisbarra en autobús (o único medio posible se non tes vehículo propio). Se ben segundo nos apuntan dende Fisterra o colectivo e hostaleiros si que levan 10 anos en loita pola mellora deste servizo.
E todo isto, sen falar da necesidade para vertebrar a bisbarra comercialmente pensando nos veciños.

En breve sacaremos unhas fichas tamén para descargar, e faremos unha batida de carteis polas paradas e as estacións de buses de Cee e Carballo, as únicas da zona.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios