Hoxe comezan o programa de Xornadas Técnicas Agrícolas no Fonteboa

Gústanos sempre repasar as actividades que realizan no Centro de Formación Agraria EFA Fonteboa, de Coristanco, porque cremos que debería haber máis centros coma este na bisbarra. Como é que en Mazaricos, Dumbría, Zas ou Vimianzo, zonas eminentemente agrícolas, non conten cun centro destas características?

O caso é que o Centro abre hoxe, 19 de setembro, o programa de actividades de formación continua previsto para o outono-inverno. Unhas xornadas abertas, para as que hai que confirmar asistencia co centro.
Estas primeiras son sobre "O Pastone, unha alternativa na nutrición en vacún de leite", que comezarán ás 11:00h e rematarán pola tarde cunha sesión práctica de campo, como verdadeiramente se aprende.

Un Curso completo

Máis información e inscrición

  • efagalicia@efagalicia.org.
  • 981 733 051.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).