Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte

Segundo revelan os datos do Instituto Galego de Estatística relativos o ano 2010 o nome máis frecuente dos varóns da Costa da Morte é Manuel. Na seguinte táboa amósase unha relación por cada un dos concellos da bisbarra onde se expresa en porcentaxes por cada mil habitantes a distribución dos nomes.
Cabe destacar que en municipios como o de Zas de cada mil homes, 65 chámanse Manuel. No conxunto dos concellos que forman a Costa da Morte e dalgúns próximos este é o nome masculino predominante.
En canto ás mulleres a cousa está máis dividida entre os nomes de Carmen e María segundo indican os datos do IGE con respecto ao ano 2010.
Por apelidos

Nos concellos de Cabana de Bergantiños, Laxe, Muxía e Vimianzo o apelido predominante é Lema colocado de forma indistinta; é dicir, tanto de primeiro como de segundo lugar. Dentro de cada un dos concellos, Lema tamén é o apelido que ten un maior número de rexistros dentro dun mesmo municipio. Desta forma, no concello laxense máis de 149 persoas de cada mil habitantes apelídanse Lema.
A Universidade de Santiago de Compostela é a encargada da páxina “Cartografía dos apelidos de Galicia” que ten como finalidade ofrecerlle aos usuarios unha ferramenta de investigación para coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia.
Na seguinte imaxe obsérvase a distribución do apelido Lema no conxunto Galego. Aquí, pódese comprobar que unha gran parte dos rexistros concéntranse na Costa da Morte, Laxe Cabana e Vimianzo.
Táboa: Nomes e apelidos máis frecuentes dos concellosCONCELLO | NOME DE HOME(Porcentaxe por cada mil habitantes) | NOME DE MULLER(Porcentaxe por cada mil habitantes) | APELIDO(Porcentaxe por cada mil habitantes) |
Cabana de Bergantiños | Manuel (46,78‰) | Carmen (34,78‰) | Lema (59,18‰) |
Camariñas | Manuel (53,61‰) | Carmen (31,23‰) | Mouzo (78,09‰) |
Carnota | Manuel (39,42‰) | María (39,22‰) | Caamaño (129,85‰) |
Cee | Manuel (32,05‰) | María (17,88‰) | Mouzo (80,57‰) |
Corcubión | Manuel (18,65‰) | Carmen (14,81‰) | Lago (78,99‰) |
Dumbría | Manuel (58,74‰) | María (34,22‰) | Rodríguez (93,24‰) |
Fisterra | Manuel (39,94‰) | María (22,48‰) | Canosa (133,68‰) |
Laxe | Manuel (41,64‰) | María (34,02‰) | Lema (148,39‰) |
Malpica | Manuel (42,54‰) | Carmen (43,99‰) | Varela (130,52‰) |
Mazaricos | Manuel (56,26‰) | María (49,69‰) | González (86,86‰) |
Muros | Manuel (37,59‰) | María (37,08‰) | Fernández (143,06‰) |
Muxía | Manuel (36,88‰) | María (21,94‰) | Lema (75,79‰) |
Ponteceso | Manuel (47,50‰) | Carmen (34,98‰) | Varela (111,04‰) |
Santa Comba | Manuel (56,81‰) | María (27,20‰) | García (96,02‰) |
Vimianzo | Manuel (62,71‰) | María (33,14‰) | Lema (96,83‰) |
Zas | Manuel (65,06‰) | Carmen (33,47‰) | García (68,26‰) |
Novas relacionadas
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- O Prouxiarado: Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola.
- Cando naceu o nome da Costa da Morte.
- A canto sae un ferrado na Costa da Morte?.
- O 95% dos adolescentes engánchanse á internet.
Artigos de Lorena Martínez Canosa en A Costa en verde
Fonte
- Redacción de Lorena Martínez Canosa (lorena@quepasanacosta.gal).
- Datos do IGE-.