Martes. 16.04.2024
El tiempo

Cal é o horreo máis longo de Galicia?

Cal é o horreo máis longo de Galicia?

Lira ou Carnota? Esa sería a pregunta que un se faría dende a Costa Morte, seguro de que o máis grande de Galicia, e de Europa (canto nos presta abrila boca e dicir aquelo de "...o máis de Europa") está na nosa bisbarra. Pois non. Como nos contan os amigos de Certo, o hórreo máis grande de Galicia, e probablemento do mundo se esquecemos que hai outras zonas como Rumanía onde tamén hai esta clase de edificacións, está en Araño, no concello de Rianxo.

37,05 metros contemplan ao cabazo da Barbanza, por 36,53 metros do de Lira e 34,74 metros do de Carnota, que completan o podio. E que hai dos pés?

Cabazos, cabaceiras, hórreos... calquera nome vale pero a competitividade polo tamaño vén de antano. Hoxendía falaríamos de localismos. Varios séculos atrás o tamaño do hórreo definía o poder, o posicionamento social, a riqueza. Como agora o coche vaia.

A historia remóntase a principios do século XVIII. Orixinariamente o horreo de Lira era sensiblemente máis longo que o de Carnota. Pero ao parecer, na segunda década do século, os veciños da vila de Carnota engadiron 11 pares de pés ao seu hórreo para igualalo ao de Lira. A igrexa quería manifestar así o seu bo estado de saúde pois ambos cabazos son da súa propiedade.

Como detalle, os 2 hórreos son do chamado estilo de Noia, que abrangue dende a ría de Arousa ata o Xallas, malia que unha das características deste tipo de cabaceiras é precisamente a súa pouca lonxitude.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios