Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Un sol que seca

Brilla o sol na Costa da Morte. De norte a sur, e con algunha néboa polo sur de Fisterra, a Costa da Morte segue disfrutando dun verán adiantado. Temperaturas que durante a fin de semana chegaron aos 20º e que estes días superan os 15º aquí e alá, fan que o sector estea disfrutando dunhas boas semanas de terraceo, algo co que no contaban a comezo de ano.

E parece que seguirá así cousa nos próximos días. Segundo Meteogalicia cabiamos un anticiclón por un novo centro de altas presións, ou o que é o mesmo, cambiamos sol por sol. Se ben apuntan que para a fin de semana podería caer unha lixeira choiva, parece que non vai solucionar os problemas que está xerando esta aparente tregua metereolóxica.

I é que a seca está xa a nivel preocupantes, e os metereólogos xa hai días que a catalogan de “seca extrema”. Unha situación que se agudizará nos vindeiros días, nos que non se preven choivas importantes.
Os ríos seguen baixando o seu caudal ata estampas realmente inusuais, e se o verán pasado foi complexo para o sector gandeiro, a día de hoxe os pastos están de cor marrón e as perdas do sector xa se contan por milleiros de euros en forraxes.

As choivas están diminuíndo dun xeito alarmante, e se ben nos últimos 17 anos os meses de decembro, xaneiro e febreiro eran dos máis chuviosos, neste fin de 2011 e comezos de 2012 a cousa cambia. De feito, segundo nos informa Luís García, Director do Centro de Formación Rural EFA_Fonteboa, en xaneiro a precipitación foi de 36 l/m2 e en febrero só 19 l/m2, cando no 2011 falabamos de 129 e 110 e a media dos últimos 17 anos é de 177 e 127 l/m2, respectivamente. A baixada é considerable.

O estado dos encoros

Pero as caras máis visibles da seca son os encoros. Ollando os datos a nivel galego vemos que a día de hoxe a media dos encoros se atopan cunha capacidade do 52.93%, cando a estas alturas do 2011 estaba no 72.16%.

Na nosa bisbarra, e aínda cos coletazos xudiciais da seca do 2007 na cabeza, pasar polo Encoro da Fervenza a día de hoxe é realmente confuso. A imaxe é semellante á de xullo, con grandes pastos laranxas onde a estas alturas deberían cubertos de auga.
Os datos dan conta da situación. O último boletín hidrolóxico de Augas de Galicia sinala que o Encoro da Fervenza se atopa ao 56.65%, cando o pasado 2011 por estas datas estaba no 88,92%.

Chove un día de cada 3?

Veremos pois se a primavera, e os meses de marzo e abril fan valer os seus refráns para facer cadrar os datos do estudio pluviométrico do Centro Fonteboa, que tras facer unha media no 2009 determinaba que na bisbarra chovía 150 días ao ano. Co que levamos de ano, dende logo, as contas non dan.

Nova relacionadas

Comentarios