sábado. 26.07.2025
El tiempo

A IA quere o teu acento costeiro

Proxecto Nos Doa a tua voz
A IA quere o teu acento costeiro

O Proxecto Nós é unha iniciativa para situar o galego canda as linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxía da lingua e a Intelixencia Artificial. O seu obxectivo principal é xerar os recursos necesarios para facilitar o desenvolvemento de servizos e produtos baseados na tecnoloxía da lingua como asistentes de voz, tradutores automáticos ou axentes conversacionais.
QPC leva participando no proxecto dende o comezo, cedendo os nosos contidos.

E como o galego é unha lingua viva, e moi rica dialectalmente, a IA quere dar un novo paso para garantir a súa presenza no ecosistema dixital do futuro, ademais de documentar e protexer a súa riqueza oral. A plataforma colaborativa Common Voice, impulsada por Mozilla e alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, nomeada SpontaneousSpeech (‘fala espontánea’), que permitirá rexistrar doazóns con acentos diversos, variantes léxicas e morfolóxicas, cambios de código ou fenómenos propios da oralidade que adoitan desaparecer na fala lida.

Así, xa podes entrar en http://doagalego.nos.gal/ e gravar a túa voz en voz alta de textos dispoñibles en dominio público. 

Comentarios