Investigan o dono dunha pirotecnia por un incendio forestal
09:20 30/08/17
O incendio, que arrasou 0,17 hectáreas, tivo lugar o 16 de agosto pola tirada de bombas de palenque
A patrulla de protección á Natureza de Carballo investiga por un incendio a un home de 44 anos de idade e propietario dunha pirotecnia.
Os feitos tiveron lugar o pasado 16 de agosto ás 15:57 horas no lugar de Ramil, na parroquia carballesa de Santa María de Rus, afectando a unha superficie de 0,17 hectáreas.
Da investigación trascendeu que o lume se iniciou como consecuencia dunha neglixencia pola tirada de bombas de palenque con motivo das festas de San Roque de Rus- Carballo, para o que carecía da correspondente autorización do concello de Carballo.
Novas relacionads
- Agosto 2017: Un incendio causa danos materiais na casa reitoral de Cambeda
- Agosto 2017: A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais.
- Agosto 2017: Deteñen un home de Sardiñeiro que levaba provocando incendios desde agosto de 2016.
- Agosto 2017: O punto limpo de Muros sufriu un incendio probablemente provocado.
- Agosto 2017: Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe.
- Agosto 2017: O Tira do Cordel sufríu un pequeno incendio en plena faena.
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).