Venres. 19.04.2024
El tiempo

Isabel Risco pon o broche de ouro ás Noites Espectaculares de Carnota

Isabel Risco pon o broche de ouro ás Noites Espectaculares de Carnota
O salón de actos do Concello de Carnota acolle hoxe, a partir das 20 horas, a actuación de Isabel Risco e "As aventuras de Nabiza Girl". A entrada é libre até completar o aforo. Este será o broche de ouro ao ciclo de "Noites Espectaculares: programación cultural para público adolescente e adulto" , co obxectivo de chegar a todos os segmentos de idade, e complementar a oferta consolidada que vén facendo xa para público infantil. Todas as actuacións de Noites Espectaculares foron posibles grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña.  

Comentarios