Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Isto é un cachondeo. Levamos toda a mañá sen internet”

sen internet
“Isto é un cachondeo. Levamos toda a mañá sen internet”

Dende que chegaron aos seus postos de traballo, ou dende que acenderon a computadora os que traballan dende casa, levan toda a mañá sen liña de internet. Zonas do interior de Cabana como Nantón, Ponteceso, Corme, A Laracha, Carballo, Laxe, Baio, Zas… sofren esta incidencia a nivel comarcal, que afecta a varias compañías.

“Esto é un cachondeo, estou traballando coa conexión compartida do móvil e pagando fibra, porque dende que abrín o ordenador toda a mañá non funciona a rede. E non a primeira vez”, relata cabreado Roberto Mouro, de Seguros Reale Baio. Pero é que “os datos van a trompicóns” polo que tampouco serve de moito a conexión compartida.

“Levo sen internet toda a mañá, e de feito onte cando fun para cama xa me fixei que esaba sen datos. Estou negra, vanme botar do choio, que os xefes van pensar que o facemos aposta por ser venres”, relata con sorna Rebeca Facal, que teletraballa dende a casa en Baio.

O Servizo de atención ao Cliente de Movistar confirma que hai notificada unha incidencia a nivel comarcal, confirmando que varios nodos caídos dende as 8:30h tanto para cobertura de voz como de datos. “Está diagnosticado e os técnicos están traballando sobre a incidencia, polo que esperamos se resolva o máis rápido posible”, relatan.

Comentarios