Malestar no sector do mar pola falta de capturas do polbo: “O polbo non le o DOG”

Nasa de polbo dunha embarcación de pesca artesanal da Costa da Morte
  • Tamén hai queixas pola escasa cota do abadexo

Outro ano máis, (levamos colleitando queixas máis dunha década) volve haber malestar no mar pola falta de capturas do polbo. “Non hai capturas” sinalan dende os barcos da pesca artesanal de zonas como Muros, Lira ou Fisterra, onde o polbo é unha das fontes principais de riqueza. Volven incidir, dende hai anos, na escasa veda, que provoca que os caladoiros sigan agotándonse paulatinamente.

Malia levar pedindo dende confrarías como a de Fisterra vedas de polo menos 4 meses (de maio ata setembro/outubro sería ideal) este apenas houbo unha veda de 2 meses, de maio ata o 1 de xullo. Así, e como este ano apenas houbo temporais de mar, o pouco polbo que hai secgue agochado e as capturas son malas, e ademais as que hai veñen ovadas, incidindo no ciclo biolóxico da especie, e evitando a reprodución.

”A veda documetal adaptadas ten que adaptarse á veda natural, que o polbo non le o DOG”, bromean con retranca dende o sector. A realidade é que malia as promesas de vedas de 4 meses, van xa 5 anos con vedas de entre 4 e 8 semanas. Por iso, critican que dende a Consellería non haia unha acertada previsión paro biolóxico, e tampouco haia un plan de choque. “Se nos cargamos o pouco que hai, e abrimos a veda todos os anos co polbo aínda ovado, vai tardar máis en recuperar”.

Polbo ovado capturado este verán na Costa da Morte

Este verán moitos tiveron que volver a terra e cambiar de novo para o aparello. E os que se manteñen co polbo (ata a semana pasada que houbo algo de vendabal apenas tiveron capturas) polo menos equilibran gracia a que está carísimo, case convertido en “artigo de luxo”, estando moitas veces o máis barato a 10epico e o grande 15 €/kg. "Aínda así, o prezo nunca compensa a perda de capturas", aseguran.

Queixas pola escasa cota do abadexo

Tamén hai queixas entre embacación do palangrixo, miños, betas... co abadexo, un peixe fundamental e estratexico que viu reducida a cota nun 53%. Son moitos barcos que dependente desta especie e consideran "un insulto" que apenas poidan capturar apenas 5kg ao día. Unha decisión que complicando o inverno a moitas embarcacións. 
Critican dende as embarcación que hai moito abadexo no mar, e o problema é que cando enmalla, morre, polo que non se pode devolver ao mar vivo.

No arrastre lamentan a esmola de cigala que veñen de recibir, mentres outros esperan que a apertura da sardiña, hoxe mesmo, sexa un aliciente.

”A boa época comeza cos temporais”

Con todo, no sector teñen esperanza de que esta primeira borrasca con mar de fondo do ano (este ano chega tarde, a verdade), revolva un pouco as augas e obrigue aos polbos a moverse.

Nesta situación, moitos xa cren que os caladoiros seguen agotándose e que as épocas de capturas serán cada vez máis concentradas. “Chegará o día que a época do pulpo será só novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo”, avisan.

Por fortuna, no sector cada vez son máis os que pensan que hai que coidar os recursos, e xa quedan menos que suscriben a antiga teoría de que o polbo é como o limoeiro, que hai que zurrarlle para que dea máis…

ARTIGOS SOBRE O POLBO

OUTRAS NOVAS