Luns. 29.04.2024
El tiempo

”Pouco e ovado", a sensación do sector trala apertura da campaña do polbo

pulpo ovado pola Costa da Morte
Polbo ovado collido esta semana
”Pouco e ovado", a sensación do sector trala apertura da campaña do polbo

”Pouco e ovado, estamos cargándonos o desobe desta campaña”. Así denuncian dende o sur da Costa da Morte a primeira semana dende que arrincou a campaña de extracción do polbo tras unha veda de un mes e medio que consideran “escasa”. Portos como os de Muros ou Lira están collendo moito polbo pequeno e, sobre todo, moito polbo ovado, e boa parte do sector pide vedas máis longas de 2,5-3 meses, como a do ano pasado.

Unha situación, a do polbo, que se vén denunciando dende hai décadas, cun sector que, ademais de sufrir as consecuencias do furtivismo, considera que “unha norma mal colocada por parte de que ten poder de decisión, o político, pode levar ao tacho dúas ou tres campañas”.

Bos prezos

En calquera caso, e ao ser pouco, os prezos son moi altos (a 14€/kg o grande de máis de 2kg, e a 9-10 o pequeno) e dende outros puntos como Malpica esperan que a campaña vaia en aumento a medida que o polbo vaia medrando e que as embarcacións artesanais vaian cambiando xa todas o carro varadoiro ou o aparello pola nasa.

A veda

Cómpre lembrar que se ben cos crustáceos coo as nécoras ou lubrigantes, cando se recollen ovados hai que devolvelo ao mar, o polbo non. Ao ten a ova dentro da cabeza, non se apreza que está ovado ata que se abre xa na lonxa. Ben é certo que os máis veteranos xa saben se o polbo está ovado polo volume da cabeza.

Así, ata o 31 de agosto a cota máxima de captura desta especie é de 35 quilos por barco e día, á que se suman 35 quilogramos diarios por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 240 quilos por xornada.
No resto da campaña a cota máxima será de 55 quilogramos por embarcación e día, aos que se engaden outros 55 quilos por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 quilos por barco e xornada de traballo.

ARTIGOS SOBRE O POLBO

OUTRAS NOVAS

Comentarios